notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Albedrío

Tanxugueiras

Albedrío

Anque tocan as campás
non tocan polos que morren.
Anque tocan as campás
non tocan polos que morren.

Tocan polos que están vivos
para que deles se acorden.
Tocan polos que están vivos
para que deles se acorden.


Caravel roxo no peito
a vitoria dos rapaces.
Caravel roxo no peito
a vitoria dos rapaces.

Non busquen guerra conmigo
pois eu só desexo paces.
Non busquen guerra conmigo
pois eu só desexo paces.



Paxaro que vas voando
e levas fío no bico.
Traemo eiquí para casa
ao meu corazón ferido,
ao meu corazón ferido



Cando paso á túa porta
e na fiestra non estás-e.
Cando paso á túa porta
e na fiestra non estás-e.

Vou acurtando o meu paso
por ver se te asomarás-e.
Vou acurtando o meu paso
por ver se te asomarás-e.



Á túa porta me tes-e
coma ouro na balanza.
Á túa porta me tes-e
coma ouro na balanza.

En canto non sexas miña
meu corazón non descansa.
En canto non sexas miña
meu corazón non descansa.

Discografia Tracker