Din que hai un lugar
Din que o chaman a fin do mundo
E que teñen a maxia nos bosques
Onde os corvos saúdan os lobos
Din que danzan arredor do lume
Rin e rin ó longo da noite
Agardando o Sol invincible
Para que os leve máis preto da terra
Din que hai unha porta ó outro mundo
E que hai meigas nubeiros e demos
Nunha rocha o vento da a volta
E as lendas mestúranse co pobo
Que as montañas falan coa xente
E que hai unha ponte do demo
Din que o chaman a fin do mundo
Onde as almas van a morrer
Mais vivimos tempos escuros
O Sol nunca máis nacera tras os montes
E non hai terra máis triste ca esta
E todos xuntos caeremos pola ponte