notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Pegadiño a Ti

Verto

Pegadiño a Ti

Eu xa só penso en cando vou saír
Botar uns bailes pegadiño a ti
Eu xa só penso no que vou sentir
Cando vexa o teu ollar pra min

Lémbrome xa do momento
No que ti me dixeches non hai tempo
No que ti me dixeches vas moi lento
As cousas hoxe foxen polo vento porque
O que hoxe amor mañá é só dor
O que hoxe amor mañá é só dor
O que hoxe amor mañá é só dor

Así que vén mami dálle eu non quero que isto acabe
Hoxe o perreo é suave
Ate que remate a rave porque
O que hoxe amor mañá é só dor
O que hoxe amor mañá é só dor
O que hoxe amor mañá é só dor

Non souben estar atento
Non souben portarme ben
Non vou perder máis o tempo
Esta noite vasme ver

Ei, sinto ser sempre tan lento
Ei, sinto que non te merezo
Ei, sinto ser sempre tan lento
Ei, esta noite lento é o perreo

Así que vén dálle que imos bailar
Que ambos estamos fartos de agardar
Todos temos cousas para deixar atrás
Aquí ninguén nos vai dicir na' de na'

Como que, xa non é tempo de
Xa non sei, que facer, para que me
Bailes, me mires, é que non me ves?

Eu xa só penso en cando vou saír
Botar uns bailes pegadiño a ti
Eu xa só penso no que vou sentir
Cando vexa o teu ollar pra min

Tracker