notícias musicais

top 13 artistas

top 13 musicas

Confira a Letra Vamos, vamos rapaciños

Fuxan Os Ventos

Vamos, vamos rapaciños

Vamos. vamos, rapaciños
cara a Belén, coa gaita do fol,
que dicen, naceu un Meniño,
máis bonitiño que un sol!
E dicen que non ten o probe,
nin camisiña que poñer,
as estrelas xa nos guían,
¡vamos, rapaces, vámolo ver!

Vamos cantando e ruando,
a millor festa que hai,
que naceu o noso Neno,
Rei da Terra e do Mar.

En Belén hai moita festa,
tocan pandeiros e gaitas,
vámonos aló, pastores
a tocar coas nosas frautas.

Vinde, vinde, rapaciños,
vinde, vinde a ver ó Neno,
que envoltiño nuns carpaciños,
e nun portaliño pequeno.

Vinde a Belén, vinde amiguiños e correde,
correde, correde ben.

Tracker